Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quintero e Alcaina, xuventude para revitalizar a dianteira do Deportivo

Quintero e Alcaina, xuventude para revitalizar a dianteira do Deportivo

Alcaina (23 anos) chega procedente do Alcoyano, e Luis Quintero (19) estaba cedido polo Vilarreal no Amorebieta

G24.gal 30/01/2024 21:16

Os malos rexistros goleadores na primeira parte do campionato facían prioritario reforzar as posicións de ataque. Xusto antes do final do mercado confirmáronse as dúas incorporacións para solucionar ese problema. 

Ao contrario que no mercado de verán, en que o club tirou de experiencia, neste mercado invernal apostou pola xuventude para que salte a faísca que precisa o seu ataque. Raúl Alcaina é un dianteiro centro formado na canteira do Levante que nas últimas temporadas estivo no Alcoyano. 

Luis Quintero (19 anos) ten familia na Coruña e acreditou que era un soño para el poder xogar no Deportivo. Estaba no Amorebieta cedido polo Vilarreal, o club en que se formou, pero anunciou o final da súa relación co equipo vasco de Segunda División para enrolarse no Deportivo ata o remate do campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade