Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quiles marcha do Deportivo para xogar na Segunda División

Quiles marcha do Deportivo para xogar na Segunda División

O dianteiro andaluz vaise agradecido pola oportunidade de xogar "nun grande"

Marcou 34 goles en dúas temporadas

G24.gal 20/06/2023 20:55

Alberto Quiles non seguirá no Deportivo a vindeira temporada. O dianteiro andaluz aceptará unha das ofertas que ten para xogar na Segunda División, ese soño que tiña como futbolista e que pretendía lograr coa camisola do Deportivo. 

Quiles chegou en 2021 procedente do Recreativo. Superou as previsións ao demostrar ser un dos mellores goleadores da Primeira Federación. Dezaoito goles o primeiro ano na categoría e dezaseis o segundo. Uns números que están ao alcance de moi poucos futbolistas. 

O onubense, de 28 anos, sabe que o tren do fútbol profesional non é doado de coller e vai probar sorte nalgunha das opcións que ten nesta categoría. O Deportivo terá que ir ao mercado para suplir un xogador que achegou un bo número de goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos