Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quiles desafía o Córdoba no mellor momento do Deportivo

Quiles desafía o Córdoba no mellor momento do Deportivo

Quiles: "É deses partidos que non fan falta motivación"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 01/12/2022 15:45 Última actualización 01/12/2022 15:51

Alberto Quiles afronta o Deportivo vs. Córdoba no seu mellor momento despois de conseguir o primeiro hat-trick como branquiazul en Fuenlabrada. O pichichi está con ganas:

"É un partido dos que gusta xogar. Van primeiros, teñen bos xogadores… pero veñen a Riazor. Somos un bo equipo e chegamos en dinámica moi boa. Na casa temos que saír a gañar coma sempre. É deses partidos en que non fai falta motivación. Miras a clasificación, dous equipos históricos, e iso motívate só".

Desde o Arcángel sinalaron ao longo da semana que tentarán xogar coa necesidade do Dépor, algo que ao dianteiro non lle preocupa:

"Non se como van vir. A todos os equipos que lle preguntas, pásannos a presión, é algo ao que estamos afeitos. Hai que ter tranquilidade e saír desde o principio por eles. Ansiedade ningunha, porque estes son os partidos que mola xogar"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade