Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedan só 15 días para que prescriba o caso pola morte de Manuel Pérez

Quedan só 15 días para que prescriba o caso pola morte de Manuel Pérez

Denuncian que o teléfono móbil, posible proba no caso, desapareceu nos xulgados de Tui

G24.gal 28/12/2022 14:06

Quedan apenas quince días para que o crime pola morte de Manuel Pérez prescriba. Os seus fillos non cesan nos seus esforzos por descubrir quen lle disparou aquel once de xaneiro de 2003 na Guarda. O móbil de Manuel aparecera agochado baixo unha pedra no lugar do crime. Queren que o volvan analizar xa que en 20 anos as técnicas para recoller ADN melloraron. 

"A persoa que estaba no lugar borrou todas as chamadas e polo tanto utilizouno. Era un teléfono de tapa que estaba no Xulgado de Tui e está perdido. hai dous anos que o solicitamos enon aparece", explica Juana Pérez, filla de Manuel.

Queren que se cite como investigado o home sospeitoso de chamar a Manuel para citalo no lugar onde faleceu dun disparo.

 "Meu pai recibira chamadas dende distintos teléfonos públicos. Entre elas dende unha tenda que había moi cerca da casa dos meus pais, e que foi a chamada que recibiu meu pai esa mañá. Dende ese teléfono o xerente da tenda dixo que só chamaban tres persoas. A dúas xa as descartaron e a terceira dixo que chamara dende alía un sobriño, pero ese sobriño dixo que nunca recibira chamadas del que non fosen dende o seu móbil. Mentiu e a pesar de mentir nunca o chamaron a declarar nos xulgados", detalla Juana. 

Gene, outras das fillas de Manuel engade que "todos os indicios que hai levaron aos investigadores a esta persoa" e por iso reclaman que o citen como investigado, para que non prescriba a causa no seu caso se o móbil aparecese nos próximos meses. 

A familia insiste en que levan case 20 anos confiando na xustiza, pero que comezan a perder a fe ao ver que o asasinato do seu pai pode quedar sen resolver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade