Puigdemont: "Sen Junts Sánchez non terá presupostos nin capacidade para gobernar"
O presidente de JxCat compareceu tras decidir a executiva do partido, por unanimidade, romper o acordo co PSOE
Apoio unánime en Junts á proposta de Puigdemont de romper co PSOE
O Goberno mantén "a man tendida" e non renuncia a pactar "votación a votación"
O presidente de JxCat, a vicepresidenta e o secretario xeral. EFE
O presidente de Junts, Carles Puigdemont, afirmou que o seu partido segue sen confiar no Goberno que encabeza o presidente Pedro Sánchez.
"Non estamos dispostos a axudar un goberno que non axude a Cataluña". Díxoo nunha comparecencia desde Perpiñán (Francia)
A comparecencia chegou tras reunir este luns a executiva do partido, que decidiu por unanimidade romper co PSOE e someter a decisión a votación da militancia este mércores e xoves.
"Constatamos que non hai confianza suficiente e, de feito, a desconfianza mutua é a mesma. Quizá hai confianza persoal, pero non a nivel político",
Puigdemont lembrou textualmente que o proxecto de Junts non ten por vocación a estabilidade española.
O líder de Junts, responsabilizou o PSOE da ruptura do acordo que mantiñan as dúas forzas e anunciou que o seu partido pasará a "exercer oposición" ao actual Goberno que preside Pedro Sánchez
Puigdemont lanzoulle unha advertencia a Sánchez. Díxolle que se a militancia ratifica a decisión da Executiva, xa non terá a maioría que o fixo presidente e que, polo tanto, "non terá presupostos nin capacidade para gobernar".
"O PSOE considerou que os seus tempos e ritmos eran os únicos válidos. O PSOE estivo ignorando a súa debilidade parlamentaria e menosprezou os avisos que lle fomos dando nestes 22 meses de traballo e 19 encontros en Suíza. Non axudaremos este Goberno nin ningún outro que non axude a Cataluña", sinalou o líder de Junts.
O Goberno mantén "a man tendida" e non renuncia a pactar "votación a votación"
Tras a comparecencia de Puigdemont, a reacción do PSOE foi remitirse ás declaracións feitas pola mañá tras coñecer que a executiva de Junts decidía romper o pacto.
O Goberno mostrou o seu máximo respecto por Junts, pero fixo fincapé en que mantén a man tendida e seguirá traballando coma sempre, "votación a votación".
No relativo ao pacto, os socialistas entenden que tanto desde o Goberno como desde o partido , "están cumprindo co acordado". E sobre o que está nas mans doutros, engaden que traballan para que se cumpra.