O decreto do 'escudo social', en mans de Junts e de Podemos
O Goberno busca apoios para aprobar o decreto contra os desafiuzamentos
A Junts non lle vale o que pactou o Goberno co PNV. É dicir: que os propietarios dunha ou dúas vivendas queden fóra do veto aos desafiuzamentos. Os independentistas queren máis protección para os propietarios. "E inxusto", defende Miriam Nogueras. Pero o Goberno mantén aberta a porta da negociación. Podemos, contrarios a calquera recorte na protección contra os desafiuzamentos, tampouco llo vai pór fácil ao Executivo.
Ese pacto co PNV, excluíndo os propietarios dunha ou dúas vivendas, provoca reticencias, incluso entre os socios. Lara Hernández, de Sumar, asegura que o acordo cos nacionalistas vascos non é o que defendería se fose ministra de vivenda.
Pola súa parte, o PP considera que non se pode responsabilizar os propietarios da falta de política social do Goberno.