Publican o retrato robot dun home atopado morto nun pozo do Porriño para avanzar na súa identificación
Publican o retrato robot dun home atopado morto nun pozo do Porriño para avanzar na súa identificación
Trátase dun varón de orixe europea, de entre 30 e 40 anos, complexión forte, cabelo escuro e ollos de cor mel

Chamamento á colaboración cidadá para identificar un home atopado morto e con sinais de violencia nun pozo do Porriño en febreiro de 2021.
É o retrato da vítima, elaborado pola Unidade de Antropoloxía Forense do Imelga, mediante a técnica da aproximación facial. Trátase dun varón de orixe europea, de entre 30 e 40 anos, complexión forte, cabelo escuro e ollos de cor mel.
O corpo do falecido non puido ser identificado mediante métodos xenéticos, polo que o xulgado que instrúe o caso difunde a imaxe del e de varios obxectos persoais, co obxectivo de aclarar a súa identidade.
A Garda Civil de Pontevedra, encargada da investigación, habilitou un teléfono para recibir información sobre a identidade do falecido, que podería ser un cidadán portugués.