Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSOE e Sumar discrepan nas medidas anticrise

PSOE e Sumar discrepan nas medidas anticrise

Pedro Sánchez presentará este venres o paquete, tras aprobarse nun consello de ministro extraordinario

Sumar e os socios parlamentarios de esquerda reclaman medidas en materia de vivenda

PP, PNV e Junts advírtenlle ao Goberno que non apoiarán un decreto ómnibus

G24.gal 18/03/2026 15:17

Este mércores celebrouse a primeira sesión de control ao Goberno tras as eleccións en Castela e León. O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo chamoulle ao líder do PSOE "perdedor" e mofouse de Pedro Sánchez asegurando que "lle están fallando os superpoderes".

O presidente do Goberno preferiu centrarse no paquete de medidas anticrise que presentará este venres. Preguntoulle a Alberto Núñez Feijóo que van facer os deputados populares, se van manterse no "si á guerra, como están sostendo durante estes 18 días, e non ás axudas".

O presidente do PP respondeulle cunha advertencia. "Non se lle ocorra traer as medidas nun decreto ómnibus", asegurou Núñez Feijóo.

O mesmo opinan o PNV e Junts. Pedíronlle ao Goberno que "non xogue" porque lle "sairá mal".

Pero os socialistas teñen enriba o propio socio de coalición, Sumar, que reclama medidas de vivenda dentro dese paquete. Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais, asegurou que van "pelexar" ata que o consigan incluir esas iniciativas.

O mesmo piden o resto de socios de esquerdas. "O PSOE ten 48 horas para poder consensuar medidas de vivenda", apuntou o deputado de Compromís Alberto Ibáñez. Águeda Micó, do mesmo partido, opina que "se non poden vir no mesmo decreto, que veñan con varios decretos, pero que veñan".

No PSOE lembran que esas medidas de vivenda xa estaban no escudo social que decaeu hai só tres semanas. Por iso, a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero non está disposta a levar ao Congreso un decreto lei "para que outros grupos o rexeiten". Prefire que so inclúa as medidas "que conten con consenso".

Pero o Goberno non dá máis detalles e pide paciencia aos medios.  "Estamos agora mesmo xestionando unha das maiores crises do meu mandato", asegurou o presidente, Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade