Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeiro cara a cara no Congreso entre Sánchez e Feijóo tras os comicios en Castela e León

Primeiro cara a cara no Congreso entre Sánchez e Feijóo tras os comicios en Castela e León

É a primeira sesión de control ao Goberno tras a intervención militar conxunta de Israel e os Estados Unidos contra Irán

Podemos e o PNV preguntaranlle ao presidente pola posición de España e as consecuencias da guerra

Arquivo/Eduardo Parra/Europa Press Arquivo/Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 18/03/2026 08:23

Ás nove da mañá arrinca no Congreso a sesión de control coas preguntas ao presidente do Goberno. Será o primeiro cara a cara entre o xefe do Executivo e o líder da oposición tras os comicios en Castela e León, que deron a victoria ao Partido Popular, aínda que o obrigarán a entenderse con Vox se quere gobernar.

Tras o ocorrido en Castela e León, Estremadura e Aragón, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo preguntará a Sánchez: "Quen segue confiando no seu Goberno?".

Así, a política interna marcará esta sesión nun momento delicado no taboleiro internacional, en plena ofensiva dos Estados Unidos e Israel contra o Líbano e Irán.

A deputada de Podemos Ione Belarra preguntará a Sánchez que vai facer o Goberno para converter en realidade o lema Non á guerra, e o PNV poñerá o foco nas consecuencias económicas e sociais que se derivan do conflito.

Poden seguir a sesión en directo a través de G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade