Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSOE e PP medran en intención de voto, segundo o primeiro barómetro do ano do CIS

PSOE e PP medran en intención de voto, segundo o primeiro barómetro do ano do CIS

Unidas Podemos e Cs retroceden, mentres que Vox repite practicamente o resultado e mantense como terceiro partido

G24.gal 20/01/2022 13:14

PSOE e PP reforzan os seus apoios, segundo o barómetro do CIS do mes de xaneiro, ao subir a súa estimación de voto ata o 28,5 e o 21,5 por cento, respectivamente, á conta de Unidas Podemos e Cs que retroceden, mentres que Vox repite practicamente o resultado e mantense como terceiro partido.

Segundo a última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas, elaborada entre o 3 e o 14 de xaneiro pasados, o PSOE subiría nun mes medio punto e o PP vería aumentada a súa estimación de voto do 20,8 por cento de decembro ao 21,5 de xaneiro, recortando en dúas décimas a súa distancia cos socialistas.

Unidas Podemos perdería seis décimas e quedaría co 13,1 por cento, caída máis acentuada no caso de Ciudadanos, que deixa case dous puntos nun mes, ao pasar do 5,9 de decembro ao 4 por cento de xaneiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade