Cargando resultados...
Propostas de Nadal e estreas infantís na plataforma da Galega
'O abominable meniño das neves', unha creación dos estudios de animación británicos Aarmand baseada nunha historia de Terry Pratchett. Nunha pequena vila aparece un monstro das neves que adoptan unha avoa e seu neto.
'O neno e a besta', un rapazolo solitario que vive en Tokyo atravesa a fronteira do fantástico e comeza unha nova vida nun mundo sobrenatural ao carón dunha entre humana e loba, que se converte no seu mestre
Estas son as estreas para o Nadal e Aninovo, pero na plataforma de Xabarin.gal hai xa arestora ducias de películas para todos os públicos. Un catálogo completo e diverso para pasar unhas festas moi animadas.
G24.gal
18/12/2025 12:07