Publicador de contidos

Publicador de contidos

Progresa a vacinación das persoas maiores de 50 anos coa terceira dose

Progresa a vacinación das persoas maiores de 50 anos coa terceira dose

Na Cidade da Cultura están convocadas este domingo preto de 6.000 persoas

O Sergas prevé comezar a vacinación de reforzo para maiores de 40 antes de fin de ano

G24.gal 19/12/2021 14:49

Continúa en Galicia a vacinación coa dose de reforzo no grupo de idade de entre 50 e 59 anos. No Gaiás, en Compostela, este domingo están convocadas preto de 6.000 persoas. A porcentaxe de asistencia está a ser moi alta.

Como centro de vacinación libre, ata a Cidade da Cultura tamén chegan persoas que non recibiran aínda ningunha dose e que agora cambiaron de opinión, veñen mesmo sen cita previa.

Ademais, continúa a dispoñibilidade para os que tampouco recibiran a segunda dose ou para os que se lles administrara a monodose de Jannsen.

En canto aos cativos, o Sergas aspira a ter vacinados o 85 % dos nenos e nenas de entre 5 e 11 anos para a primeira semana de xaneiro. Xa hai data para a segunda quenda de vacinación. 

A semana que comeza continuará a vacinación de maiores de 50 anos e prevese comezar a vacinar coa dose de reforzo o colectivo de maiores de 40 antes de que remate o ano.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar