Publicador de contidos

Publicador de contidos

Procesións de Xoves Santo en España

Procesións de Xoves Santo en España

En Alacant procesionou a Santa Cea que é o paso máis grande de España

En Sevilla antes da Madrugá saíu a procesión das Cigarreiras

 

Imaxe da procesión da Santa Cea en Alacant
G24.gal 06/04/2023 21:20 Última actualización 06/04/2023 21:27

Algunhas das procesións máis emblemáticas de España saíron á rúa este Xoves Santo coa participación de milleiros de persoas nesta tradición católica que conmemora a paixón e morte de Xesús.

En Valladolid, preto dun milleiro de persoas presenciaron a saída do Santísimo Cristo da Luz. A imaxe é da Irmandade dos Universitarios. Lévana estudantes e o coro rendeulle homenaxe co himno da universidade. Nesta procesión tamén soou a gaita.

O paso máis grande de España está en Alacante e sae o Xoves Santo. É o da Santa Cea. Pesa 3 toneladas e ademais leva 50 quilos de froita, un año e mais o viño.

En Sevilla, saía este Xoves Santo a procesión das Cigarreiras, coñecida así pola súa vinculación á fábrica de Tabacos. Procesionan os pasos de Xesús Atado á Columna e mais a Virxe da Vitoria. A emoción presidiu a saída.

Na capital andaluza é día de mantilla, de rigoroso loito, de ringleiras para visitar templos... O bo tempo acompaña. Prepáranse para vivir o momento máis especial da Semana Santa. A Madrugá, que é o paso do Xoves ao Venres Santo, en que recordan a última noite de Xesús antes da crucifixión. Na Madrugá saen en procesión pasos tan coñecidos como O Gran Poder, a Macarena ou a Esperanza de Triana.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade