Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o detido polo crime de Santovenia de Pisuerga

Prisión sen fianza para o detido polo crime de Santovenia de Pisuerga

Matou un amigo, atrincheirouse cun refén e feriu de gravidade un tenente coronel da Garda Civil

G24.gal 03/07/2022 09:13

O Xulgado de Instrución numero 4 de Valladolid, en funcións de garda, ordenou esta noite prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido este venres tras matar un veciño e amigo de 45 anos en Santovenia de Pisuerga (Valladolid).

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza da comunidade, a causa esta aberta polos delitos de homicidio e/asasinato, detención ilegal, atentado e tenencia ilícita de armas.

O detido é Pablo S., coñecido como "Chiqui". Tras disparar contra o amigo, atrincheirouse cun refén e feriu na cabeza doutro tiro o tenente coronel da Garda Civil que estaba ao mando do operativo. O axente atópase estable dentro da gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade