Prevención e detección precoz, claves contra o cancro colorrectal
Autoridades sanitarias e asociacións contra o cancro piden a participación da poboación de entre 50 e 69 anos de idade nos cribados
Practicar hábitos de vida saudables con todas as pautas que iso supón é o primeiro consello que nos dan no Día Mundial contra o Cancro Colorrectal. E, haxa ou non haxa antecedentes familiares da enfermidade, é recomendable facer o test de sangue oculto en feces.
"Estamos a falar dunha proba moi sinxela que pode aumentar nun 30-35 por cento a supervivencia dos cancros de colon e recto. Daquela, temos que animar á participación todos os cidadáns para conseguir cifras ao redor do 65-70 por cento de participación".
E é que en Galicia non o fixo máis da metade da poboación obxectivo: homes e mulleres de entre 50 e 69 anos.
Para participar neste plan preventivo só hai que inscribirse no programa do Sergas e enviaranlle sen custo o elemento necesario para realizar o test, que logo depositará nun centro de saúde cando queira e sen cita. En www.sergas.es está toda a información.