Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presentan a primeira calculadora científica que inclúe o galego na súa configuración

Presentan a primeira calculadora científica que inclúe o galego na súa configuración

As carcasas das calculadoras terán ademais as imaxes de 17 mulleres científicas

G24.gal 30/03/2023 18:23

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou xunto ao director xeral de Casio en España, François Vilaprinyó, a primeira calculadora científica que inclúe a lingua galega na súa configuración e manual de instrucións.

A calculadora estará dispoñible a partir do 1 de xuño.  

O dirixente autonómico destacou a importancia de promocionar a lingua propia no ámbito científico a través da súa incorporación nas tecnoloxías e anunciou uns obradoiros para que os profesores a coñezan.

Mulleres científicas

Outro dos aspectos destacados da presentación foi a visibilización das mulleres científicas que cobran protagonismo grazas a 17 artistas que deseñaron 17 ilustracións de distintas mulleres nas carcasas das calculadoras.  

Un proxecto que nace co obxectivo de romper os estereotipos de xénero e achegar referentes femininos e recursos educativos ás aulas.

A última incorporación é a imaxe da doutora e enxeñeira informática galega Ana Freire, líder do proxecto STOP, de prevención de suicidios.

No seu caso, a ilustración foi deseñada pola artista Lula Goce.

Freire explicou o funcionamento deste programa, que xera un algoritmo para detectar comportamentos suicidas, depresión ou trastornos alimentarios a través da actividade das persoas en redes sociais e pon en marcha campañas de prevención orientadas a eses perfís localizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade