Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous pesqueiros galegos con bandeira rusa temen non poder descargar as capturas

Dous pesqueiros galegos con bandeira rusa temen non poder descargar as capturas

Os buques están a pescar en Terra Nova

A metade da tripulación dos buques é galega

G24.gal 04/03/2022 13:44

A guerra tamén repercute na frota galega. Dous barcos da Cooperativa de Armadores de Vigo operan con bandeira rusa. A preocupación é saber que pasará cando queiran descargar as capturas, porque normalmente fano no porto de Vigo, pero temen que España e a Unión Europea poidan limitar a entrada aos seus portos de buques con bandeira rusa, como sucede coas aeronaves.

Polo momento continúan traballando con normalidade, están en augas da NAFO, en Terra Nova. Os buques pertencen dende hai 15 anos a unha sociedade capital mixta ruso-galega e con tripulación de ambos os dous países. Saíron hai pouco de Vigo, polo que aínda lles quedaría mes e medio para regresar

"As tripulacións están perfectamente, pero é unha complicación importante dende o punto de vista loxístico porque nós programamos as descargas e as reparacións cun ou dous meses de antelación", explica o presidente de Arvi, Javier Touza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade