A conduta violenta dun veciño preocupa no barrio lugués da Milagrosa
O home xa provocou numerosos estragos nun bar do barrio e ameazou os seus propietarios
No barrio aseguran ter medo, hai dúas denuncias postas e pedida unha orde de afastamento, pero de momento non se adoptou ningunha medida
Non volveron levantar a reixa do bar desde o último altercado. Dentro seguen as cadeiras e as mesas tiradas no chan. Non quixeron tocar nada ata que o xulgado fale.
"Tirou con todo o que había enriba das mesas, intentaron reducilo entre catro clientes, pero só o logrou a policía. Sempre lles di vou a por ti ou pola túa muller, teñen unha filla, e teñen medo", explica unha veciña.
Ata en tres ocasións o home entrou no negocio ameazando os donos e estragando todo o que encontrou ao seu paso.
"Non é bo para os negocios porque si o vexo dentro eu non entro, tes medo de que a tome contigo ou traia calquera cousa con el coma unha maza e mate a alguén", comenta outra.
Pero non son os únicos que sofren a ira deste veciño.
"Ameazou a dous amigos meus, el está a tratamento psiquiátrico, é un home corpulento e a xente ten medo", di un home.
Dúas denuncias e pedida unha orde de afastamento, pero de momento non se adoptou ningunha medida.
"Entendo que estea enfermo pero entón o mellor tiña que estar ingresado", di unha muller.
A familia que rexenta o negocio está sen traballar e na mente pensando en marchar da cidade.