Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven os cribados masivos á área de Vigo polo rápido incremento dos contaxios

Volven os cribados masivos á área de Vigo polo rápido incremento dos contaxios

Tamén regresan as colas ao covid-auto do Meixoeiro

G24.gal 20/11/2021 15:26

A partir da vindeira semana volven os cribados poboacionais á cidade de Vigo para detectar asintomáticos. Un deles será o luns, aberto a toda a comunidade portuaria da cidade olívica. Os profesionais da sanidade reiteran que hai que seguir cumprindo as normas e ter certa contención para poder gozar das festas do Nadal.

Tamén regresan as colas ao Covid-auto do Meixoeiro. Nas últimas 24 horas detectáronse 86 novos infectados, once persoas seguen hospitalizadas, e hai tres nas UCI da área. Os sanitarios alertan do perigo e piden a máxima precaución.

De seguir esta progresión, poderiamos chegar ás portas do Nadal con novas restricións. No punto PCR do Meixoeiro había este sábado persoas que ían someterse a probas precirúrxicas, con síntomas, que se incorporan a un traballo sensible e contactos de positivos.

Nesta sexta vaga da pandemia na área de Vigo están subindo os casos moi rápido, máis ca na vaga anterior. A partir do luns reforzaranse os cribados para detectar asintomáticos, tanto no punto do Náutico como noutros lugares da área.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos