Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupa o nivel tan baixo que presenta o río Miño ao seu paso por Lugo

Preocupa o nivel tan baixo que presenta o río Miño ao seu paso por Lugo

Atribúese a situación á escaseza de precipitacións no que vai de ano

A falta de auga dificulta a bañistas e piragüistas practicar deporte con normalidade

G24.gal 06/08/2022 14:25 Última actualización 06/08/2022 14:41

Ver o río Miño con tan pouca auga ao seu paso por Lugo sorprende a veciños e visitantes. 

Achácase á falta de precipitacións. Este é o ano máis seco desde 1980. 

Os piragüistas dan coa pa no fondo e o mesmo lles sucede aos nadadores. Por iso, desbótase tirarse á auga desde o trampolín.

O nivel do río é baixo e fai que a temperatura suba, unha situación que tamén pode afectar aos peixes. 

Un problema que se relaciona coa falta de chuvias e que parece que non ten solución a curto prazo. Por iso se recomenda facer un uso responsable da auga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade