Preocupa o incremento de casos na área sanitaria de Ourense
Nas últimas horas detectáronse 38 positivos novos
As autoridades sanitarias fan un chamamento á prudencia durante esta fin de semana de celebración dos magostos
O número de contaxios non deixa de crecer en Ourense. Nas últimas horas detectáronse 38 casos novos o que eleva a 259 as persoas coa infección activa. A incidencia medra por riba da media galega e sitúa a provincia xa en risco medio por transmisión da covid.
A metade dos casos concéntranse na cidade, un dos puntos que máis preocupa xunto con Barbadás e Allariz. Dende a Área Sanitaria descatan que o 25 por cento dos positivos non están vacinados. Tamén subliñan que o 60 por cento dos contaxios afectan as persoas de entre 12 e 60 anos, con especial incidencia na franxa de 40 a 60. Un perfil con maior interacción social tanto con maiores como cos máis pequenos, o que incrementa o risco.
Ante esta situación, fan unha chamada a prudencia e a responsabilidade individual durante estes días de celebración dos magostos. Insisten en que aínda estamos en pandemia e que temos que extremar as precaucións cumprindo con todas as recomendacións sanitarias para intentar cortar a transmisións do virus.