Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sorteo 11 do 11 da ONCE deixa máis de once millóns de euros en Ribadeo

O sorteo 11 do 11 da ONCE deixa máis de once millóns de euros en Ribadeo

Juan Antonio Pérez Cantero vendeu a serie agraciada co maior premio entre a capital do municipio e a praia das Catedrais

G24.gal 12/11/2022 08:56 Última actualización 12/11/2022 14:42

O sorteo extraordinario do 11/11 da ONCE deixou o seu maior premio, dotado con 11 millóns de euros, en Ribadeo. Juan Antonio Pérez Cantero despachou a serie agraciada, a 063 do número 19.569, na súa ruta habitual, entre esta localidade e a famosa praia das Catedrais.

O vendedor, que leva seis anos repartindo a ilusión da ONCE nesa zona, ademais da serie agraciada cos 11 millóns vendeu nove cupóns máis, agraciados con 50.000 euros cada un, polo que repartiu no municipio 11.450.000 euros.

“Estou a tremer, esta noite non creo que pegue ollo”, dixo emocionado tras coñecer a nova.

Este sábado, retomou o encontro coa súa clientela á porta do Eroski de Ribadeo, na ruta de Barreiros e na contorna da praia das Catedrais, un lugar moi visitado.

“Está repartido entre clientela de todos os lugares da miña ruta, porque o vendín un por un. O único que recordo é que o último dese número deillo a unha parella nova que saíu do centro comercial e chanceou coa terminación en 69”, contaba entre risas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade