Cargando resultados...
Precariedade e cultura: cando hai que pagar por traballar
Eva Antelo, Nuria Vil e Judit Adataberna, tres creadoras falando de precariedade no ámbito artístico
Judit Adataberna: "Realmente estás pagando por traballar"
G24.gal
10/04/2023 16:07
A artista Eva Antelo publicou no ano 2022 as súas contas económicas a partir das súas creacións artísticas. A maior parte dos traballos realizados non recibiron ningún tipo de compensación económica. Poñemos enriba da mesa o asunto da precariedade na cultura. Facémolo con ela e con dúas artistas máis doutras disciplinas: Nuria Vil e Judit Adataberna. Tres mulleres novas ante un panorama moi complicado.