Cargando resultados...
Posible ampliación da terceira dose da vacina a maiores de 40 anos e esenciais
Profesores, policías e bombeiros poderían recibir a dose de reforzo
As comunidades autónomas están a favor deste reforzamento
Galicia xa comezou a administrala a maiores de 50

G24.gal
14/12/2021 20:09
Expertos no relatorio de vacinas estudan este mércores se ampliar a administración da terceira dose de reforzo da vacina contra a covid–19 aos maiores de 40 anos e traballadores esenciais, como profesores, policía e bombeiros.
Esta decisión vén impulsada polas comunidades autónomas que se mostran favorables á ampliación e a comezar a vacinación de reforzo neste mesmo mes de decembro se é aprobada.
Galicia, pola súa parte, xa comezou o luns a vacinar a poboación de 50 a 59 anos.