Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal sobe o salario mínimo a 760 euros e prevé chegar a 900 euros en 2026

Portugal sobe o salario mínimo a 760 euros e prevé chegar a 900 euros en 2026

A outra gran medida consiste na liña de axudas directas de ata 3.000 millóns de euros para compensar as subas na factura da luz

G24.gal 10/10/2022 21:18 Última actualización 10/10/2022 21:27

O Goberno portugués toma medidas para aliviar a economía das familias. O socialista Costa anuncia unha partida de tres mil millóns para axudar a pagar as facturas de luz e gas. 

Na vía do aumento salarial, a principal medida consiste na suba do salario mínimo desde os 705 euros actuais ata os 760 o ano que vén.

Co horizonte posto ao final da lexislatura, en 2026, en que o salario mínimo se situaría nos 900 euros.

Os orzamentos de 2023 prevén tamén unha revalorización das pensións públicas de entre o 3,5 e o 4,3 por cento.

Ademais dunha suba dos salarios dos funcionarios de 52 euros de media ao ano ata 2026.

A outra gran medida consiste na liña de axudas directas de ata 3.000 millóns de euros para compensar as subas na factura da luz. Bonificacións de ata o 40 por cento no prezo do quilowatt hora tanto para grandes coma para pequenos consumidores. 

O ministro de Finanzas presentou este luns as contas no Parlamento, que serán debatidas a finais deste mes outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade