Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal rexistra a cifra de contaxios mái alta en cinco meses

Portugal rexistra a cifra de contaxios mái alta en cinco meses

O grupo de idade con máis postivos é o de menores de 10 anos

O Goberno prepara un paquete de restricións

Alberto Mancebo 22/11/2021 14:00

Portugal deseña un plan para prepararse ante a quinta vaga de contaxios, os máis numerosos dende xullo rozando os 3.000 casos diarios. O Goberno luso hai días que anunciou que non dubidará en aplicar restricións. 

Algunhas desas medias xa as coñecemos da boca do propio primeiro ministro, Antonio Costa. A volta da máscara a interiores será seguro a protagonista do paquete de restricións que preparan, xunto coa esixencia do pasaporte de vacinación en máis situacións, agora mesmo só se pide para o ocio nocturno.

O teletraballo obrigatorio e a redución de ocupacións son outras das recomendacións do comité clínico pero non está tan claro que o executivo vaia esixilas finalmente. Din que queren aplicalas canto antes para salvar o Nadal e non cometer os erros do ano pasado, pero os expertos xa critican que están tardando demasiado en anuncialas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade