Portugal pecha o ocio nocturno e establece o teletraballo obrigatorio
O país entra no seu período de "contención" antes do previsto
No día de Nadal notificáronse máis de 10.000 novas infeccións

Portugal entrou este sábado no seu período de "contención" para frear la expansión da variante ómicron.
Peche do ocio nocturno, teletraballo obrigatorio e test para acceder aos hoteis, aos espectáculos culturais ou aos eventos deportivos son algunhas das novas restricións.
Nun principio, o Goberno anunciara estas medidas para a semana do 2 ao 9 de xaneiro pero a preocupante situación do país obrigou a adiantalas a este sábado.
No día de Nadal notificáronse máis de 10.000 novas infeccións, o terceiro día consecutivo por riba desta cifra, o que non ocorría desde xaneiro.
Con esta situación epidemiolóxica, tamén se aprazan as rebaixas que o país veciño inicia tras o Nadal. Ademais, redúcese a capacidade no interior dos comercios.