Portugal adianta as restricións ao día de Nadal, co peche de discotecas e teletraballo obrigatorio
Portugal adianta as restricións ao día de Nadal, co peche de discotecas e teletraballo obrigatorio
O Goberno luso quere evitar as festas e aglomeracións na rúa
Os comercios terán ocupación limitada
Nos días sinalados, será precisa unha proba negativa en restaurantes

Portugal endurece e adianta o plan de contención da Covid que ían aplicar o día dous de xaneiro. Deste xeito a partir do 26 de decembro o teletraballo pasa a ser obrigatorio para quen poida, pecharán as garderías e cerrarán discotecas e pubs.
O Goberno luso fará imposible que a realización de calquera celebración de Noitevella na rúa porque no final de ano non se poderán xuntar máis de 10 persoas nos espazos públicos. Tamén estará prohibido o consumo de bebidas alcólicas na rúa.
Unha medida que non sentou nada ben na hostalería portuguesa é que os días sinalados será obrigatorio un test negativo para entrar nun restaurante.
Nas últimas 24 horas en Portugal rexistráronse 2.750 casos novos, 18 mortes e a incidencia está en 560. Portugal é un dos países con maior taxa de vacinación e neste mes de decembro estanse rexistrando case o mesmo numero de contaxios que o ano pasado, pero as mortes descenderon un 75 por cento e as hospitalizacións un 40.