Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal desmárcase do plan de Pedro Sánchez para recoñecer o Estado de Palestina de maneira urxente

Portugal desmárcase do plan de Pedro Sánchez para recoñecer o Estado de Palestina de maneira urxente

O primeiro ministro luso di que a decisión debe tomarse por consenso dentro da Unión Europea e de Nacións Unidas

Luís Montenegro confirma que manterá todos os proxectos ferroviarios pendentes na súa primeira visita oficial a España

G24.gal 15/04/2024 20:35 Última actualización 15/04/2024 20:50

Pedro Sánchez mantén o seu plan de recoñecer o Estado palestino de maneira urxente malia a escalada de tensión entre Irán e Israel.

O Goberno portugués desmárcase da proposta. O primeiro ministro luso di que a decisión ten que ser multilateral e require o máximo consenso.

"Nós non imos tan lonxe coma outros gobernos porque pensamos que o recoñecemento do Estado de Palestina ten que facerse desde unha base multilateral, no seo da Unión Europea e das Nacións Unidas", afirma Luís Montenegro.

Pedro Sánchez mantén a súa idea: "Estamos falando con distintos estados da Unión Europea e de fóra da Unión Europea para que sexamos uns cantos os que tomemos o paso de maneira conxunta. Pero en todo caso o Goberno de España vai dar ese paso, porque consideramos que é o xusto", di.

Sánchez recibiu na Moncloa o primeiro ministro luso na súa primeira visita oficial a España. Ambos ratificaron a alianza ibérica ante a Unión Europea, comprometéronse a reforzar as conexións históricas entre os dous países e a manter todos os compromisos que o Goberno español tiña asinados co anterior executivo de António Costa. Entre eles, as conexións ferroviarias pendentes entre Portugal e Galicia.

Ambos os gobernos prevén retomar os cumios bilaterais anuais na segunda quincena do próximo mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade