Pontón pide confiar nas forzas propias para solucionar os problemas de Galicia
Pontón pide confiar nas forzas propias para solucionar os problemas de Galicia
O Consello Nacional do BNG garda un minuto de silencio pola traxedia do Villa de Pitanxo
O Bloque Nacionalista Galego reuniu este sábado o seu Consello Nacional, máximo órgano entre asembleas. Durante a xuntanza, gardaron un minuto de silencio pola traxedia do arrastreiro galego Villa de Pitanxo.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que "son momentos para estar ao seu lado", tras reiterar unha vez máis a necesidade de que as tarefas de procura continúen. Este domingo, participará na protesta convocada polas familias da tripulación para que se retome o rastrexo.
"Sabemos o importante que é poder despedirse dos seres queridos e o importante que é que as familias saiban que se fixo todo o posible para que, polo menos, teñan ese consolo", subliñou.
Na súa intervención, Ana Pontón pediu confiar nas forzas propias para solucionar os problemas da cidadanía galega.