Pontevedra e Arenteiro pechan en táboas un disputado derbi (1-1)
Jordan adiantou os do Carballiño, de falta, no minuto 34
Tres minutos despois, Eimil empatou para os locais
Partido disputado, en que os dous tiveron os seus momentos
O Pontevedra e o Arenteiro pecharon o derbi cun empate que non satisfai a ningún dos dous contendentes, pero que tampouco causa un enorme malestar. E así é porque, visto o partido, os dous conxuntos tiveron os seus momentos para levar a vitoria.
O Arenteiro arrancou mellor, impoñendo o seu xogo de roubo e saída rápida. E obtivo premio no minuto 34, nunha falta de Jordan para a que tomou demasiadas confianzas o gardamenta Marqueta. A partir de aquí, o Pontevedra espertou e foi arriba e rápido encontrou a igualada -tres minutos despois do tanto de Jordan- gracias a Eimil.
O Pontevedra acabou mellor a primeira parte e tamén dominou a segunda, ante un Arenteiro sempre coas ideas claras. O segundo tempo non deixou grandes ocasións e si un empate que mantén as ilusións do Pontevedra e tamén os problemas do Arenteiro.