Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adiado o Breogán-Murcia polos casos positivos no equipo galego

Adiado o Breogán-Murcia polos casos positivos no equipo galego

O partido previsto para o vindeiro domingo contra o Ucam Murcia está no aire

G24.gal 26/01/2022 13:35

O partido UCAM Murcia-Río Breogán, programado para este próximo domingo 30 de xaneiro, ás 12.30, correspondente á xornada 20 da liga Endesa, queda aprazado ante a situación de casos positivos por COVID-19 que afectan ao persoal do Breogán.

A ACB anunciará proximamente a nova data para a disputa do partido.

Os afectados atópanse asintomáticos ou con síntomas leves e baixo supervisión médica, cumprindo os protocolos pertinentes.

Segundo informa El Progreso, hai polo menos catro positivos por covid no Río Breogán. 

Nas últimas semanas, o virus afectou o corpo técnico, cos contaxios de Veljko Mrsic, Javi Muñoz e Oriol Comas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar