Polémica polo folleto dun operador turístico que cualifica Galicia de atrasada, pobre e rústica
Esa é a información sobre Galicia que da operadora Holland American Cruises
É o que conta no folleto entregado aos pasaxeiros dun veleiro que fixo escala en Vigo procedente de Lisboa
Indignación en toda Galicia despois de que un operador de cruceiros cualificara Galicia nun folleto como unha rexión atrasada, pobre e rústica. Esa é a errada imaxe que lles trasladaron aos turistas.
Iso plasmaron nun folleto que lles entregaron aos pasaxeiros dun veleiro que fixo escala en Vigo procedente de Lisboa. O operador Holland American Cruises é certo que destacaba de Galicia que ten lingua propia, as súas fermosas praias e as espectaculares illas Cíes.
Ata aí todo ben. Pero foi más aló cunha visión bastante distorsionada da nosa comunidade. No folleto describen Galicia como unha rexión atrasada polo illamento da ditadura franquista. Algo que, claro, espertou a indignación dos vigueses.
Unha comunidade pobre, rústica, en que pode sentirse o retroceso dunha era menos globalizada. Esa é a información sobre Galicia que a operadora Holland American Cruises reflectiu nos folletos que lles entregaron aos pasaxeiros dun veleiro que fixo escala na cidade olívica. Os vigueses non dan creto e tamén no Porto de Vigo están indignados.
O que está claro é que os encantos de Galicia pesan máis que esas versións distorsionadas. Á navieira dicímoslle que escoite os turistas que nos visitan.