Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica pola presenza do Goberno nas mobilizacións do 1 de Maio

Polémica pola presenza do Goberno nas mobilizacións do 1 de Maio

O PP di que é unha imaxe sorprendente e di que os traballadores tomarán nota

G24.gal 02/05/2023 14:53 Última actualización 02/05/2023 15:27

O Goberno únese na esixencia dos sindicatos á patronal para acordar unha suba salarial dentro do marco da negociación colectiva. Un apoio que se visibilizou na manifestación do primeiro de maio coa presenza de varias ministras.

"Como Goberno queremos impulsar o acordo desde a paz social", asegura María Jesús Montero, ministra de Facenda. 

Pero desde Unidas Podemos critican a presenza da parte socialista e reivindican os avances laborais.

"Onte no Primeiro de Maio todos os partidos progresistas súmanse a acompañar os sindicatos. Pero quen se atreve a dicir a verdade?", di Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais.

O Partido Popular ve sorprendente a imaxe do Goberno manifestándose cos sindicatos, e advirte de que os traballadores tomarán boa nota.

"Que o Goberno acompañe os sindicatos é o contrario á festa dos traballadores e das reivindicacións dos sindicatos ante calquera goberno", considera Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular.

Desde as organizacións empresariais desbotan chegar a conflitos cos sindicatos e avogan por un acordo dentro dos convenios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos