Polémica en Cangas pola celebración das procesións de Semana Santa
O párroco escúsase na pandemia para non deixar saír os pasos e os veciños piden igualdade co resto de localidades
Poderíase dicir que en Cangas hai un clamor a favor da celebración da Semana Santa como viña sendo habitual antes da pandemia, e que ademais está declarada Ben de Interese Turístico Galego.
O párroco deixou claro a moita xente na vila que non vai permitir as procesións, o cal ninguén entende, xa que a pandemia non é diferente en Cangas que noutros lugares de Galicia ou España.
Ven outras motivacións detrás da decisión do párroco, e pídenlle que recapacite polo ben dos negocios da vila e dos propios veciños.
Esta tarde terá lugar unha reunión no Concello na que as confrarías aspiran a atopar unha solución, aínda que, iso si, a última palabra teraa o párroco.