Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Podemos pídelle ao PSOE que lle siga o ritmo e garante a unidade coas forzas irmás
A formación morada celebrou en Valencia a Festa da Primavera
Irene Montero e Ione Belarra clausuran o encontro
                            G24.gal
                        
                            22/05/2022 19:54
                        
                        
                                Última actualización 22/05/2022 20:00
                        
                        
                    
                    Podemos pídelle ao PSOE que pise o acelerador e lles siga o ritmo se quere revalidar a confianza da cidadanía.
As ministras Ione Belarra e Irene Montero participaron na festa da primavera que Podemos celebrou en Valencia durante a fin de semana.
Irene Montero, ministra de Igualdade, afirmou que Podemos é un xeito de facer política e que sempre fan equipo con outras forzas irmás.
A ministra de dereitos sociais e secretaria xeral da formación morada, Ione Belarra, dixo que hai Podemos para rato e que intentarán chegar fortes ás próximas eleccións para seguir impulsando as transformacións do país.