Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno atrasa a este xoves a publicación da prórroga automática dos alugueiros

O Goberno atrasa a este xoves a publicación da prórroga automática dos alugueiros

A medida non conta cos apoios necesarios para a súa validación este venres no Congreso, polo que nin sequera chegaría a entrar en vigor un día

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o primeiro dos decretos que, entre outras medidas, establece a protección fronte aos desafiuzamentos e limita a compra de vivenda a fondos voitre

G24.gal 30/09/2026 10:00 Última actualización 30/09/2026 10:16

O decreto lei da prórroga de automática dos contratos de alugueiro, que aprobou o Consello de Ministros este martes a pedimento de Sumar e o Sindicato de Inquilinas, publicarase este xoves no Boletín oficial del Estado (BOE), a véspera da súa votación no Congreso, co que corre o risco de que non chegue a entrar en vigor nin un día.

A pesar das esixencias de Sumar de publicar de inmediato este segundo decreto lei, a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, dixo nos corredores do Congreso que a norma se publicará este xoves.

Fontes do Executivo trasladaron a EFE que a orde de publicación responde a que a última norma publicada é a que prevalece. Desta forma este segundo decreto establece que os contratos son indefinidos, o primeiro, que se publica este mércores, fíxaos ata decembro de 2028.

Os decretos leis entran en vigor tras publicarse no BOE, pero no prazo de 30 días han de votarse no Pleno do Congreso para decidir a súa validación ou a súa derrogación.

Pero o decreto da prórroga automática dos alugueiros segue sen publicarse, a pesar de que o Regulamento do Congreso esixe que os deputados deben dispoñer da documentación relativa ao que van votar cunha antelación de 48 horas.

Como o Goberno quixo que os dous decretos leis de vivenda se voten este mesmo venres no Congreso, a prórroga automática de alugueiros corre o risco de non entrar en vigor ao atrasarse a súa publicación. E á vista de que hai unha maioría de PP, Vox e Junts que xa anunciou o seu voto contra, a súa derrogación podería producirse o mesmo día no que debía empezar a estar vixente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade