Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno volve negociar con ERC a lei do audiovisual para evitar o veto aos PXE

O Goberno volve negociar con ERC a lei do audiovisual para evitar o veto aos PXE

A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, cre que non haberá maiores problemas con ERC sobre a lei audiovisual

Para evitar o veto de Esquerra, o ministro da Presidencia convocou, de urxencia, unha reunión co voceiro dos cataláns

G24.gal 01/12/2021 10:31

O presidente do grupo parlamentario de Unidas Podemos no Congreso, Jaume Asens, manifestou que a súa formación está "máis preto do non que do si" respecto á lei audiovisual e acusa o PSOE, o seu socio de coalición, de non negociar con eles o contido da normativa e de levala de forma unilateral ao Consello de Ministros.

Así o manifestou en declaracións aos medios de comunicación nos corredores do Congreso, para recriminarlles aos socialistas que, a pesar das súas demandas de participar no anteproxecto, o seu socio optou por centrar as conversacións cun "partido da oposición", en alusión a ERC.

"O que tería que facer o PSOE é negociar esta lei porque estamos máis preto do non que do si", insistiu Asens, quen detallou que as súas propostas, a pesar da súa "insistencia", non foron atendidas no texto e por tanto avanzou que tratarán de introducilas cando se abra o prazo de emendas.

Asens subliñou que teñen máis propostas pero non obtiveron respostas do seu socio "nin foron convidados" á negociación.

O PSOE cre que non haberá maiores problemas con ERC

A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, cre que non haberá maiores problemas con ERC sobre a lei audiovisual que aprobou este martes o Executivo e seguirán falando cos republicanos cataláns: "Eles saben que cumprimos os nosos acordos e esta vez tamén vai ser así".

Estas declaracións fíxoas nos corredores do Congreso este mércores, e restou importancia ao malestar de ERC amagou con non apoiar os orzamentos para 2022 se non se cumpría o pacto alcanzado para protexer a produción nas tres linguas cooficiais en todas as plataformas, aínda que teñan sede nos Estados Unidos, como é o caso de Netflix, HBO ou Amazon.

Segundo a lei aprobada polo Consello de Ministros, as plataformas de contidos audiovisuais internacionais con sede fóra de España non terán que aplicar a cota do 6 % de produción nas linguas cooficiais.

Dende a oposición, aproveitaron a polémica para lanzar críticas. "Os españois non poden poñer a calefacción pero Gabriel Rufián vai poder ver O xogo da lura en catalán. Grande éxito deste goberno!", aseguraba o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, durante a sesión de control ao Goberno.

Para evitar o veto de Esquerra, o ministro da Presidencia convocou, de urxencia, unha reunión co voceiro dos cataláns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade