Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos denuncia que o PSOE bloquea as súas leis por "cálculos electorais"

Podemos denuncia que o PSOE bloquea as súas leis por "cálculos electorais"

En Podemos cren que esta é una estratexía socialista tras a aprobación dos orzamentos

O Goberno nega cálculos electoralistas e asegura que cumprirá os compromisos cos socios

O Goberno aproba a lei integral contra o tráfico e explotación de seres humanos

Pablo Echenique e Ione Belarra, este mércores no Congreso (EFE/Zipi)
G24.gal 29/11/2022 14:40 Última actualización 29/11/2022 16:31

O PSOE volve a bloquear a lei de familias, pero si lle dá luz verde á de tráfico de seres humanos, impulsada polo ministerio de xustiza. Decisións que abren un novo cisma no seo do Consello de Ministros.

Sobre a de familias había acordo e mesmo se anunciara que iría a reunión de hoxe. Podemos non aclara que pasou, pero si apunta razóns. Pablo Iglesias asegura que se trata dunha "nova estratexia do PSOE unha vez que aprobou os orzamentos".

Os morados desconfían cada vez máis do seus socios de goberno. "As sinais que dan son cada día máis preocupantes", asegura Pablo Echenique, o voceiro de Podemos no Congreso.

Este atraso súmase ao bloqueo da lei trans no Congreso. En Podemos xa non disimulan o seu malestar e advírtenlle aos socialistas "que sería un erro pensar en beneficios electorais ao bloquear leis de Podemos".  O voceiro socialista no Congreso, Patxi López, nega intencionalidade política detrás destas decisións. Di que son leis que necesitan un estudo especial e recoméndalle tranquilidade aos socios porque "isto non pode ser un comigo ou contra min".  

Ao Consello de Ministros non foi a lei de familias pero si a de trata. Un proxecto impulsado pola ministra de Xustiza, do PSOE e que ela mesma define coma "un antes e un despois na loita contra o tráfico de persoas". Pilar Llop destaca que nace cun amplo consenso no "que participaron ata 13 ministerios". Finalmente o texto recolle que os beneficios aos que se acollan  as vítimas non estarán vencellados á interposicóin de denuncia previa, tal e como demandaba Podemos. 

Malia estas discrepancias, o Goberno non ve necesario convocar o comité de seguimento da coalición porque "o contacto é permanente", segundo a ministra voceira, Isabel Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade