Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos denuncia campaña contra Montero e nega críticas a Yolanda Díaz

Podemos denuncia campaña contra Montero e nega críticas a Yolanda Díaz

Podemos insiste nas súas críticas ao xuíces por aplicar mal a reforma, nalgúns casos "por machismo"

Nega que Pablo Iglesias criticara a Yolanda Díaz e manteñen o plan de coalición con Sumar

Os voceiros de Podemos negan que Iglesias criticara a Yolanda Díaz
G24.gal 21/11/2022 14:24

O debate sobre a lei do "só si é si" toma dous camiños. 

No xurídico hai que agardar. O Supremo prepárase para resolver os primeiros recursos nas próximas semanas, pero xa lembran que analizarán caso por caso. 

Iso significa que vai ser difícil fixar un criterio xeral de forma inmediata. 

No político, Podemos insiste en que se está a aplicar mal a reforma, nalgúns casos por machismo. 

A dirección dos morados denuncia unha campaña política, mediática e xudicial contra Irene Montero. E senten que moitos dos seus cargos non foron suficientemente contundentes na defensa da ministra de Igualdade.
 
De todos, están especialmente molestos con Yolanda Díaz pero negan que Pablo Iglesias se referise a vicepresidenta segunda nun chío no que escribiu "poñerse de perfil cando machacan unha compañeira, non só es miserable e covarde, senón politicamente estúpido".

Pero tamén hai decepción con algúns ministros socialistas. Finalmente tiveron que recuar, dixo hoxe Isa Serrra, voceira de Podemos en rolda de prensa.  

Pero no PSOE lembran que as leis que saen do Consello de Ministros non levan nome nin apelidos particulares. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade