Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos critica o CXPX por atrasar a aprobación da futura lei de vivenda

Podemos critica o CXPX por atrasar a aprobación da futura lei de vivenda

Os morados ven "a man invisible das elites do ladrillo" tras a decisión do órgano reitor dos xuíces

O PP asegura que o texto "vai contra a liberdade empresarial e a propiedade privada"

G24.gal 17/01/2022 14:51

Tras anular o seu primeiro informe sobre o anteproxecto de lei de vivenda, o Consello Xeral do Poder Xudicial emitirá o novo ditame a finais deste mes. Dende Unidas Podemos lamentan o atraso e acusan o órgano reitor dos xuíces de extralimitarse nas súas funcións. Para a súa voceira, Alejandra Jacinto, "non é descabellado pensar que algo tivo que ver a man invisible das elites do ladrillo neste cambio de parecer".

Urxen, ademais, o PSOE recordándolles que ese informe é preceptivo pero non vinculante. "Confiamos en que o noso socio de goberno siga cumprindo a súa palabra e saque adiante con nós a primeira lei de vivenda da historia da democracia", engadiu a portavoz morada.

Pero a ministra responsable da lei, a socialista Raquel Sánchez, si parece disposta a introducir cambios. Di que tomarán en consideración o contido do informe para adaptar a lei se fose preciso.

Dende o PP critican a lei por considerala intervencionista. A Pablo Casado non lle gusta unha norma, asegura, "que lle di ao propietario a que prezo ten que poñer a súa vivenda" e considera que "vai contra a liberdade empresarial e a propiedade privada".

A futura lei de vivenda no pasará este martes polo Consello de Ministros, como estaba previsto. Si aprobarán outras medidas como o bono alugueiro para os mozos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade