Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plus Ultra, unha operación sempre baixo sospeita

Plus Ultra, unha operación sempre baixo sospeita

En 2021, o Goberno deulle 53 millóns de euros alegando que se trataba dunha empresa estratéxica

Contaba cunha cota de mercado mínima e tan só un avión

En decembro de 2025, a UDEF rexistrou a sede en Madrid e detivo a varios directivos 

Plus Ultra cubría a ruta entre Madrid e Caracas
G24.gal 19/05/2026 13:53

Desde o presidente, ata a ministra de Facenda. Durante meses, o Goberno mantivo a defensa do rescate do Plus Ultra,  pero as mensaxes non calaron, e o caso xa é un dos episodios máis controvertidos da xestión de fondos públicos durante a pandemia. 

A orixe remóntase ao ano 2021. O Goberno dálle 53 millóns alegando que é unha aeroliña estratéxica para voar entre España e a América Latina. Unha operación sempre baixo sospeita e sobre a que sempre planeou a sombra de Zapatero pola súa relación co presidente. 

Contaba cunha cota de mercado mínima e unha frota de tan só un avión.  A presidenta da Sepi defendeu a solvencia, pero no seo do Goberno había discrepancias. As conversacións de WhatsApp entre José Luis Ábalos e o seu número dous  revelan o seu rexeitamento á operación.

Nos meses seguintes o caso comezou a xudicializarse. En xaneiro de 2023, un xulgado de Madrid arquivouno, pero o escenario cambiou de forma radical en 2024 e 2025.  A Fiscalia Anticorrupción deulle un xiro á investigación.  O foco xa non estaba só en se o rescate foi indebido, senón en que se fixo cos cartos. 

Investígase se mesturaron parte dos 53 millóns do rescate con cartos de Venezuela de orixe presuntamente ilícita para poder branquealos no sistema financeiro europeo.  En decembro de 2025, a UDEF rexistrou a sede da aeroliña en Madrid e detivo varias persoas, entre elas, o presidente e varios accionistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade