Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo anuncia 106 prazas de facultativo especialista en Atención Primaria

Feijóo anuncia 106 prazas de facultativo especialista en Atención Primaria

 Feijóo avanzou esta oferta en resposta á nacionalista Ana Pontón, quen alertou da "grave deterioración" da Atención Primaria en Galicia e incidiu na"privatización"

Luís Álvarez estreouse como voceiro socialista no Parlamento de Galicia

G24.gal 26/01/2022 07:23

O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na sesión de control do Parlamento o impulso, "por primeira vez en España", dunha oferta pública de emprego dotada con 106 prazas para a nova categoría de facultativo especialista de Atención Primaria, para continuar co alivio da conxestión dese nivel asistencial.

Feijóo avanzou esta oferta en resposta á nacionalista Ana Pontón, quen alertou da "grave deterioración" da Atención Primaria en Galicia e incidiu na "privatización".

O presidente galego díxolle que é "soez" falar de "privatización" e reafirmouse en que "o problema" está "na falta de médicos", á vez que lle recriminou ao BNG que "non lle axude" á Xunta a reivindicar ao Goberno central propostas como un MIR extraordinario.

Na sesión de control á que se someteu Feijóo, estreouse o portavoz socialista, Luís Álvarez, e fíxolle unha pregunta ao presidente sobre como vai ser a xestión dos fondos europeos en materia de emprego.

Tanto Feijóo como Ana Pontón felicitaron ao novo voceiro socialista e destacaron o papel que realizou Gonzalo Caballero.

Minuto a minuto

10:03

Comeza a sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento de Galicia

10:03

Luís Álvarez estréase como portavoz socialista no Parlamento

10:04

Luís Álvarez dille a Feijóo que durante o 2020 a execución de fondos en materia de emprego foi inferior ao 50 %

10:05

O portavoz socialista afirma que a redución de fondos en materia de emprego se traduce en máis temporalidade e precariedade e dille a Feijóo que lle esixe algo ao Goberno que el non cumpre.

10:06

Álvarez: "A xestión dos fondos europeos por parte do Goberno é rigorosa, solvente e planificada e falan vostedes dun repartimento discriminatorio".

10:07

Álvarez pregúntalle a Feijóo que "como van a ser capaces de xestionar de forma eficiente eses fondos co histórico que teñen de falla de execución".

10:18

O presidente da Xunta respóndelle ao portavoz socialista

10:08

Feijóo felicita a Luís Álvarez tras a súa designación como portavoz do grupo parlamentario socialista e felicita a Caballero polo labor que realizou.

10:09

Feijóo: "Os fondos de emprego no 2020 están comprometidos ao 84 % do orzamento e no 2021 levamos o 74,8 % comprometido antes de pechar o exercicio".

10:10

Feijóo pregúntalle a Álvarez que se pedir explicacións sobre o repartimento de fondos europeos e ir contra os intereses de Galicia

10:11

Feijóo di que de 1.141 millóns de euros en materia de políticas activas, o Goberno de Pedro Sánchez queda con 454 millóns de euros que lle corresponden ás comunidades autónomas.

10:11

O presidente da Xunta pregúntalle ao portavoz socialista que vai facer o Goberno con eses 454 millóns de euros que lle corresponden ás comunidades e que 9 millóns xa foron repartidos en comunidades con conselleiros socialistas. 

10:12

Feijóo: "Gustaríame que non fixera seguidismo do Goberno central e si dos intereses dos galegos".

10:13

O voceiro socialista respóndelle ao presidente da Xunta

10:14

Álvarez: "De que se me acusa? Non estou facendo ningún seguidismo do Goberno. Estou facendo unha proposta de explicación da xestión dos fondos".

10:14

Álvarez: "Se temos que facer unha demanda  ao Goberno na defensa dos intereses dos galegos farémola e mesmo nos poñeremos do seu lado, pero demostre que merece esa confianza que lle estamos a ofrecer".

10:15

Álvarez dille a Feijóo que Galicia recibiu máis de 680 millóns de euros dos fondos europeos e que a converte na sexta comunidade autónoma en termos absolutos que máis fondo recibiu e catro desas seis están gobernadas polo Partido Popular.

10:16

Álvarez pídelle a Feijóo que eses fondos se empreguen de xeito obxectivo e transparente para solucionar os problemas dos galegos

10:17

O presidente da Xunta pecha a reposta da pregunta de Luís Álvarez

10:17

Feijóo dille ao portavoz socialista que o PP tivo que denunciar o Goberno central polo IVE e que o Supremo deulles a razón.

10:17

Feijóo: "Recibimos 73 millóns de euros e o 58 % están en execución por expedientes de execución de gasto".

10:20

Feijóo pregúntalle a Luís Álvarez se van denunciar que o Goberno quede co 40 % dos fondos que lles corresponden ás comunidades autónomas.

10:21

O presidente da Xunta afirma que se Álvarez defende os intereses da Galicia, vanse atopar moitas veces no acordo, diálogo e consenso.

10:22

Ana Pontón súmase aos parabéns polo nomeamento de Álvarez e recoñece o labor realizado por Caballero.

10:22

Pontón dille a Feijóo que a deterioración na sanidade pública non é casualidade e que é froito da política de privatización da sanidade.

10:25

Pontón dille a Feijóo que a pandemia deixou unha situación crítica na sanidade

10:25

Pontón a Feijóo: "Que pensa facer ante o colapso da atención primaria?". 

10:25

Feijóo respóndelle a Ana Pontón

10:27

Feijóo dille a portavoz do BNG que agora hai 6.400 persoas máis traballando no Servizo Galego de Saúde que cando gobernaba o BNG xunto co PSOE.

10:27

Feijóo: "Galicia é a primeira comunidade con menor mortalidade peninsular durante dous anos de pandemia, Galicia é a primeira comunidade en poboación vacinada e somos a primeira comunidade autónoma con menos ocupación hospitalaria en planta e UCI".

10:28

Feijóo dille a Pontón que levan anos denunciando a falta de médicos en atención primaria e de pediatras.

10:29

Feijóo: "O que se está facendo co Sistema Nacional de Saúde é un acto de enorme irresponsable". 

10:30

O presidente da Xunta dille a Ana Pontón que "se sente orgulloso do Servizo Galego de Saúde" e recoñece que hai un problema de saturación en atención primaria.

10:31

Ana Pontón respóndelle a Feijóo

10:31

Pontón: "As propostas do PP son privatizar a sanidade pública para beneficiar a sanidade privada"

10:33

Pontón: "Vostede fáltalles ao respeto aos profesionais cando ten os centros de saúde con menos médicos dos que se necesitan".

10:34

Pontón di que o investimento en atención primaria se sitúa no 12 % e que é a metade do que recomendan os especialistas que se necesita.

10:35

Feijóo responde a Ana Pontón 

10:35

Feijóo pregúntalle á voceira do BNG se non vai felicitar o Sergas pola xestión da pandemia

10:36

Feijóo: "O problema é que levamos dous anos en pandemia e que cada vez que se pon un médico enfermo non hai outro que o substitúa".

10:37

Feijóo: "Cal é o modelo do BNG na xestión da pandemia e que comunidade autónoma debemos de mirar?".

10:38

Feijóo afirma que hai 831 persoas máis traballando en atención primaria que cando gobernaba o BNG co PSOE.

10:40

Feijóo a Pontón: "Dígame que o que se pode facer máis e cal é o seu modelo".

10:41

Remata a sesión de control ao presidente da Xunta e continúa o pleno no Parlamento de Galicia

10:39

Feijóo anuncia a creación "por primeira vez en España" dunha oferta pública con 106 prazas para a nova categoría de facultativo especialista en Atención Primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade