Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos sete mortos e uns 35 feridos nun ataque ucraíno na fronteira con Rusia

Polo menos sete mortos e uns 35 feridos nun ataque ucraíno na fronteira con Rusia

Nese ataque produciuse o derrubamento parcial dun edificio na capital rusa de Belgorod, fronteiriza con Ucraína 

Mentres, Rusia asegura que avanza na rexión ucraína de Khárkov, onde hai máis de 4.000 evacuados

G24.gal 12/05/2024 20:46

O comandante en xefe das Forzas Armadas Ucraínas asegurou que a situación en Khárkov nos últimos días se deteriorou de forma significativa, pero asegurou que as tropas ucraínas están empurrando o inimigo e mellorando as súas posicións tácticas.

Aínda así, Rusia asegura que avanza nesa fronte e informou da toma doutras catro localidades máis na rexión ucraína de Khárkov, tras anunciar este sábado a conquista de cinco poboacións da zona. Nesa rexión xa hai máis de 4.000 persoas evacuadas polos ataques rusos e os intensos combates.

Pero a ofensiva ucraína tamén continúa. Un ataque na cidade rusa de Belgorod, fronteiriza con Ucraína, deixa polo menos sete falecidos, aínda que as cifras poderían seguir aumentando, e o derrubamento parcial dun edificio residencial. Hai polo menos 29 feridos, outras fontes falan xa de 35.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade