Publicador de contidos

Publicador de contidos

Planas proporálle á UE a revisión das reducións de pesca

Planas proporálle á UE a revisión das reducións de pesca

Levará as propostas ao Consello de Ministros de Agricultura de Pesca da UE desta fin de semana 

Considera inasumible a redución da cota de pescada sur no Atlántico

Tamén negociará as cotas de linguado, cigala e xurelo 

G24.gal 09/12/2021 20:52

A viabilidade do sector pesqueiro é o obxectivo co que o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, asistirá os vindeiros días 12 e 13 ao Consello de Ministros da área da UE que decidirá os totais de captura admisible (TAC) e as cotas pesqueiras para 2022.

Planas informou as comunidades autónomas que proporá alternativas para as reducións presentadas para a frota do Mediterráneo canda a revisión das propostas para especies do Atlántico como a pescada e o linguado. O ministerio considera inadmisible a redución do 18,5 % na cota da pescada sur e vai solicitar que se manteña a cota actual ata a primavera.

En materia de agricultura, Planas expresará a preocupación polo incremento dos custos de produción, sobre todo, canto a enerxía, fertilizantes e alimentación animal que están a poñer en dificultades a agricultores e gandeiros españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade