Pita carga contra Ros na presentación de Neyder Lozano
O director deportivo viu un xogador sen o nivel de compromiso necesario co club
Neyder Lozano tentará pasar páxina logo dun calvario de lesións no Granada
O Lugo presentou este mediodía a Neyder Lozano. Unha aposta decidida para fortalecer a defensa. Aos seus 28 anos, o central colombiano atopou en Lugo a oportunidade que precisaba. Levaba tres anos de calvario, ten anos sen poder xogar no Granada por culpa dunha grave lesión. A súa boa pretemporada acabou por convecer aos dirixentes do Lugo. Lozano asina contrato por dúas temporadas.
Chega Lozano e o que marcha do Lugo é Juan Antonio Ros. O Central vaise traspasado ao Albacete de Rubén Albés. Asina por 3 temporadas. Con Albés, Ros convertérase nun dos puntais defensivos do Lugo a pasada temporada e desde o club puntualizan. Foi Ros quen decidiu marchar, non estaba comprometido co proxecto do Lugo.