Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pionyang proba dous novos tipos de mísiles en plena escalada da tensión en Corea

Pionyang proba dous novos tipos de mísiles en plena escalada da tensión en Corea

O réxime norcoreano di que é a respota pola manobras conxuntas de Washington e Saúl

Os EUA e Seúl emprenden manobras conxuntas Os EUA e Seúl emprenden manobras conxuntas
G24.gal 06/10/2022 12:38

Corea do Norte lanzou este xoves dous tipos distintos de mísiles balísticos de curto alcance no seu último test, incluída unha versión mellorada dun proxectil ruso, de acordo ás análises do exército surcoreano sobre os lanzamentos de hoxe.

O Estado Maior Conxunto surcoreano (JCS) detectou os disparos ás 6:01 e 6:23 hora local deste xoves desde a contorna de Pionyang.Un deles percorreu unha distancia de 350 quilómetros e o outro voou un 800 km antes de caer en augas do mar de Xapón

O exército surcoreano cre que o réxime norcoreano probou nesta ocasión dous tipos distintos de mísiles, entre eles unha versión mellorada do proxectil ruso Iskander, caracterizado por voar a baixa altura e cunha traxectoria irregular.

O de hoxe foi o sexto lanzamento norcoreano de mísiles en dez días e produciuse despois de que na véspera Seúl e Washington realizasen un disparo múltiple de proxectís de curto alcance e anunciasen o retorno a augas da península coreana do portaavións de propulsión nuclear estadounidense USS Ronald Reagan.

Estas accións producíronse á súa vez en resposta ao mísil balístico de rango intemedio (IRBM) que Pionyang lanzou o martes e que sobrevoou territorio xaponés por primeira vez en cinco anos, converténdose ademais no proxectil norcoreano que máis distancia percorreu ata a data, uns 4.500 quilómetros.

No seu primeiro pronunciamento público sobre a súa recente actividade, Corea do Norte afirmou nun breve comunicado do seu Ministerio de Exteriores que se debe ás manobras conxuntas do Sur e os EUA arredor da península, incluída a participación do portaavións nuns exercicios coa mariña surcoreana e nipoa a semana pasada.

Está previsto que o navío participe nunhas novas manobras trilaterais de Washington, Seúl e Toquio nas próximas horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade