Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden once anos de prisión para os presuntos narcotraficantes xulgados en Pontevedra

Piden once anos de prisión para os presuntos narcotraficantes xulgados en Pontevedra

Os acusados son catro galegos e dous uruguaios

Acúsanos de tráfico de drogas e pertenza a banda criminal 

G24.gal 24/01/2022 21:04

A Audiencia de Pontevedra comezaba este luns o xuízo contra seis mariñeiros acusados de ser membros dunha banda á que lle interceptaron 30 quilos de cocaína en  2019. Son catro galegos e dous paraguaios para os que o fiscal solicita unha condena de 11 anos de prisión.

Os seis negaron a súa relación coa carga de droga transportada desde O Uruguai nun pesqueiro.

O principal acusado é o cangués Manuel Martínez Corredoira, cociñeiro do barco en que viña a droga, que tamén foi o confidente da Garda Civil durante a operación.

Canda el, tamén acusado está outro cangués, cociñeiro igualmente no mesmo barco, dous cidadáns uruguaios, un veciño de Vilagarcía e outro de Vilanova de Arousa.

Seguno a Fiscalía, ao chegar a porto os mariñeiros entregábanlles a droga aos outros que a distribuían.

O fiscal pide para cada un deles 9 anos de prisión por tráfico de drogas e outros dous por integración en grupo criminal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade