Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden medidas para sosegar o tráfico na avenida de Santiago da Estrada

Piden medidas para sosegar o tráfico na avenida de Santiago da Estrada

A asociación veciñal reclama mellor sinalización e control para que se cumpra o límite de zona 30

A rúa, residencial e en pendente, fai de circunvalación da Estrada entre a N-634 e PO-841
G24.gal 01/09/2022 13:14 Última actualización 01/09/2022 13:27

É un tramo da rúa que enlaza a nacional 634 e a de Santiago na vila da Estrada. É utilizada a xeito de circunvalación, con abundante tráfico pesado. Pero é unha rúa urbana de máis de novecentos metros en pendente que ten na sinalización horizontal o límite de velocidade a 30.

"A xente non fai caso. Pasan igual a toda velocidade. De noite non podes durmir coas ventás abertas porque é todo ruído de coches", di Rosa María.  E Mario, voceiro veciñal,  afirma: "Aquí fanse rallys. Aquí temos rallys de noite".

A asociación de veciños trata de mellorar a seguridade na mobilidade dos residentes. Para iso pídelle ao Concello unha acción primordial para sosegar o tráfico, en vista de que as lombas son insuficientes e a glorieta tampouco axuda:

"Esta rotonda non fai a función de reducir a velocidade. Os coches seguen a toda velocidade e entran aquí sen saber que é a 30, porque non hai sinalización vertical. Solicitámoslle unha parada de autobús e estamos sen ela. Adoitan parar aquí, os coches chegan a moita velocidade e isto é moitas veces moi perigoso", di Mario López, presidente da asociación de veciños.

Outro punto débil, din, téñeno na sinalización do vao dos garaxes. Mario López lembra que na Avenida de Santiago hai unha escola e moitas familias con cativos residindo, polo que insta o Concello da Estrada a que aplique as accións pertinentes para acabar coa velocidade excesiva de coches e demais vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade