Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden explicacións ao alcalde de Ourense por escoller un condenado por abusos sexuais para facer de Baltasar

Piden explicacións ao alcalde de Ourense por escoller un condenado por abusos sexuais para facer de Baltasar

  O home foi xulgado e condenado en dúas ocasións

G24.gal 09/01/2023 19:28 Última actualización 09/01/2023 21:52

Os grupos municipais de PSOE e BNG solicitaron con carácter urxente unha xunta de voceiros no Concello de Ourense para que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ofreza "explicacións" por seleccionar un home condenado en dúas ocasións por abusos sexuais para facer de Baltasar na cabalgata de Reis.

O primeiro en facelo foi o Bloque, que este mesmo luns rexistrou un escrito para a convocatoria urxente da xunta de portavoces dada a "ampla polémica e alarma social" suscitada por este episodio.

Son uns feitos que o BNG considera "moi graves", polo que espera que o Goberno local achegue "explicacións sobre cal foi o procedemento seguido á hora de escoller ás persoas participantes na comitiva e os motivos polos cales non se esixiu" a documentación de non contar con antecedentes por delitos sexuais que esixen as leis para participar en actividades con nenos.  

A esta petición adheriuse o PSdeG-PSOE. A súa voceira municipal en Ourense, Natalia González, insistiu na necesidade de que o alcalde ofreza unha "comparecencia pública e urxente". E é que o ocorrido coa cabalgata é "un escándalo máis ao que non queremos estar afeitos".  

A socialista tachou de "gravísimo" que un dos integrantes da comitiva "fose seleccionado posiblemente a sabendas dos seus antecedentes, porque é unha persoa coñecida en Ourense.

O home que fixo de Baltasar o pasado 5 de xaneiro foi xulgado e condenado en dúas ocasións -2019 e 2022- por dous delitos de abusos sexuais, polos que tivo que pagar senllas multas económicas.

Podemos Ourense emitiu nun comunicado no que insta a Fiscalía Provincial e o Consello de Contas a investigar a contratación deste condenado para facer de Baltasar.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade